Feijóo acusa de "falta de comunicación" ao Goberno central sobre o plan de vacinación e di que Galicia fará un pactado

"Os políticos tentamos conseguir recursos, priorizalos e posteriormente compartir cos profesionais a forma de implementalos" dixo o presidente da Xunta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2020 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou as formas do Goberno central en relación ao plan de vacinación fronte á pandemia, constatou "falta de comunicación, e contrapuxo que, en Galicia, cando chegue a vacina, despregarase "un plan serio, transparente e pactado cos profesionais, que son os que teñen que vacinar á xente".

"Os políticos non vacinamos a ninguén. Os políticos tentamos conseguir recursos, priorizalos e posteriormente compartir cos profesionais a forma de implementalos", remarcou, nun acto na Estrada, no que subliñou que os profesionais da Atención Primaria serán os que se encarguen de administrar a vacina.

Previamente, considerou "sorprendente" que o Executivo central aprobe un plan de vacinación sen proporcionar "ningunha información respecto diso" ás comunidades, que son as "responsables de implementar a vacina"

"É a Atención Primaria, basicamente, a que ten que implementar a vacina e é sorprendente que nin os responsables de Primaria nin os responsables da Comunidade teñamos información sobre ese plan de vacinación. Pero en fin, alá esa falta de comunicación, espero e desexo que non sexan simplemente titulares", advertiu Feijóo.

Non en balde, esgrimiu que "cando alguén non quere contar o que hai que facer é porque, probablemente, aínda non saiba con claridade que ten que facer". En todo caso, asegurou que en Galicia, "con excelentes equipos de Primaria e enfermaría", estase a disposición de vacinar e implementará o seu propio plan cando chegue o momento.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello.. ANA VARELA/ XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello.. ANA VARELA/ XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta