Xa son 1.170 os falecidos pola Covid, nove no último día

Tres dos falecidos estaban en residencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2020 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este martes o falecemento de nove persoas infectadas con coronavirus en Galicia, co que a cifra total de mortes desde o inicio da pandemia na comunidade elévase a 1.170.

En concreto, faleceu unha muller de 94 anos no Hospital Lucus Augusti, que procedía da residencia San Salvador de Guntín, así como un home de 73 anos no Complexo Hospitalario de Ourense.

No Hospital de Vigo rexistrouse o falecemento dun home de 86 anos e dunha muller de 90 procedente da residencia CRAPD de Vigo II, e no da Coruña morreu un home de 64 anos, outro de 77 e outro de 87.

No caso de Santiago, notificouse o falecemento dun home de 87 anos. Finalmente, notificouse tamén a morte dunha muller de 88 no seu domicilio de Fene.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián dunha residencia
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián dunha residencia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta