A Deputación de Pontevedra destina preto de 1,7 millóns de euros a financiar o campo de fútbol de Salcedo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta nunha rolda de prensa do convenio co Concello de Pontevedra aprobado na Xunta de Goberno deste xoves, polo que se destinan case 1,7 millóns de euros ao financiamento do campo de fútbol de Salcedo.

En concreto, este montante será para a execución do campo de fútbol de herba artificial da parroquia de Salcedo, xunto con todas as dotacións deportivas complementarias, como vestiarios, aseos, cantina, bancadas, enfermaría ou almacén. Ademais, tamén inclúe unha obra complementaria como é a construción dun almacén de bicicletas e unha aula de natureza.

O pasado 23 de outubro deuse o visto e prace á recepción dos 14.800 metros cadrados de terreo cedidos pola Mancomunidade de Montes nas proximidades das instalacións da base militar da Brilat para este fin.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta