Lánzase ao mar para rescatar unha muller que fora arrastrada por unha onda en Orzán (A Coruña)

Posteriormente foi atendida polos servizos sanitarios e trasladada ao hospital.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2020 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Unha persoa lanzouse ao mar para socorrer unha muller que fora arrastrada por unha onda na praia de Orzán, na cidade da Coruña. Unha vez rescatada, foi atendida polos servizos sanitarios e trasladada a un centro hospitalario.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao redor das 12,45 horas deste sábado, cando varias persoas particulares chamaron á central de emerxencias para informar o suceso. Seguidamente, o 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, a Salvamento Marítimo e ao equipo acuático dos bombeiros da cidade, cuxa intervención quedou descartada cando se confirmou que a muller xa estaba fóra da auga. Así, foi derivada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Os xestores da central de emerxencias tamén puxeron a situación en coñecemento dos axentes da Policía Local coruñesa e de Gardacostas de Galicia por se fosen necesarios máis medios de rescate.

Paseo da praia de Orzán, na Couruña
Paseo da praia de Orzán, na Couruña | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta