Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 13:31
A conselleira de Política Social, Fabiola García, reiterou este mércores ao Goberno central a necesidade de que dote á estratexia nacional do reto demográfico dos fondos suficientes para abordar esta cuestión, seguindo as alegacións enviadas pola Xunta con este obxectivo.
Fíxoo na reunión mantida coas comunidades que integran a Macrorrexión de rexións do Suroeste de Europa (Resoe), formada por Galicia, Castela León, Asturias, Cantabria e as comisións do norte e do centro de Portugal; e que contou tamén coa presenza de representantes do OCDE e da Comisión Europea.
No encontro telemático e do que informou a Xunta nun comunicado, Fabiola García trasladou os avances alcanzados nos últimos anos en Galicia para facer fronte ao reto demográfico, con medidas pioneiras como a posta en marcha das casas niño e do maior no rural, que facilitan a conciliación das familias e o envellecemento activo na propia contorna; o cartón benvido, para contribuír á crianza dos nenos desde que nacen ata o tres anos; ou a gratuidade da escola infantil para segundos fillos e sucesivos.
A titular de Política Social enmarcou estas axudas baixo o paraugas normativo da Lei de impulso demográfico, que o Parlamento de Galicia debate nestes momentos e que contempla medidas transversais e unha presupostos de 800 millóns de euros ao ano para desenvolvelas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.