Anonymous parodia nas redes a elaboración do PXOM de Nigrán

"No crea nada de lo que dice el alcalde. Nos ha mentido y sigue mintiendo", recolle este vídeo.

Por Galicia Confidencial | Nigrán | 11/06/2013 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Un vídeo de Anonymous chama aos cidadáns de Nigrán a asesorarse nas asociacións veciñais ou directamente cun avogado para coñecer de primeira man as diversas afeccións da nova redacción do novo documento urbanístico do municipio.

Unha copia do mesmo chegou a esta redacción, xunto cunha nota que advirte: "Ciudadano despierte. Este vídeo es una parodia pero sus contenidos son reales".

A parodia baséase nunha escena da película El Hundimiento (Der Untergang 2004), moi recorrida nas redes para amosar a sorpresa do ditador ante unha nova.

Días atrás xa foran detectados varios panfletos de Anonymous en diversos puntos de Nigrán, no que se denunciaba a intención do goberno encabezado por Alberto Valverde (PP), de convocar con carácter urxente un pleno extraordinario para a aprobación inicial do Plan Xeral de Organización Municipal. Nomeadamente os panfletos sinalaban que a convocatoria tería lugar na presente semana.

Os Anonymous, en apoio a Julian Assange e WikiLeaks
Os Anonymous, en apoio a Julian Assange e WikiLeaks

"Nos ha mentido y sigue mintiendo"

O vídeo sinal sinala: "No crea nada de lo que dice el alcalde. Nos ha mentido y sigue mintiendo. Omite información para ocultar otro tipo de intereses. No crea en ninguna promesa. No crea que todos sus problemas se van a solucionar con una simples alegaciones.Acuda a una asociación de vecinos o abogado. Pregunte e infórmese. Está en su derecho Pero no deje que nadie decida por usted. Difunda este mensaje. Avise a sus familiares y amigos. Hay mucha gente que no sabe que se va a aprobar un plan urbanístico que va a afectar a miles de personas."

Desta vez o vídeo apunta directamente a posibles recalificacións de terreos nas viviendas dalgúns dos membros do goberno  e algunhas das históricas instalacións que se atopan coa piqueta do derrubo enrriba polas ilegalidades incurridas na súa construcción.

Ainda así, a autoría non foi reclamada polos hacktivistas.

Nova do xornal colaborador valminor.info

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta