Animalistas propoñen unha poxa cos "trofeos" de caza do Pazo de Meirás para financiar medidas ambientais

O colectivo animalista Libera lembra que o ditador Francisco Franco era un "apaixonado" da caza que, mesmo, fomentou a repoboación de especies destinadas a este fin nos montes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2020 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O colectivo animalista Libera propuxo que os "trofeos" de caza que se exhiben nas paredes do Pazo de Meirás sexan poxados para destinar o diñeiro solicitado a financiar medidas ambientais e de recuperación de fauna en espazos naturais.

Nun comunicado, os animalistas lembran que o ditador Francisco Franco era un "apaixonado" da caza que, mesmo, fomentou a repoboación de especies destinadas a este fin nos montes, promoveu ata tres reformas lexislativas e decretou a ampliación de reservas para batidas en 1973, dous anos antes da súa morte.

Libera sinala que esta "afección queda plasmada nas paredes" do Pazo de Meirás, que pasou a dominio público hai uns días tras un litixio xudicial que culminou coa entrega das chaves ao Estado por parte dos herdeiros do ditador o pasado xoves.

Por iso, propoñen que os "centos" de trofeos de caza que se exhiben en Meirás e a "colección de armas históricas" que hai no complexo de Sada sexan poxadas para financiar accións ambientais e de recuperación de fauna.

"Existindo aínda un número nada desprezable de nostálxicos do Franquismo, estes trofeos cinexéticos poderían atopar un bo prezo co que impulsar, por exemplo, plans de protección do oso pardo na Serra do Courel, ou medidas de convivencia gandeira sobre o lobo nas provincias de Ourense e Lugo", expoñen os animalistas.

Acto de entrega do pazo de Meirás ao Estado. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press / Europa Press
Acto de entrega do pazo de Meirás ao Estado. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta