Feijóo sobre a COVID: "o virus non vai coller vacacións"

O presidente da Xunta gábase ademais de que Galicia estea entre as dúas autonomías con menos porcentaxe de mortalidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou este mércores á responsabilidade indivudual dos galegos durante as celebracións do Nadal e avisou de que "o virus non vai coller vacacións".

"A responsabilidade individual debe ser fundamental, con maior intensidade nestas datas de maior interacción social", manifestou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello.

Na súa intervención, lembrou que hai por diante varios festivos e un fin de semana. "As vacinas parece que poden empezar a chegar... e de todo o tempo que levamos nadado sería bo non afogar ao chegar á beira", pronunciou.

Por último, puxo en valor o feito de que Galicia "siga sendo" a comunidade autónoma con "menor presión hospitalaria" e con "menor ocupación de camas UCI". "E tamén estamos dentro das dúas comunidades autónomas peninsulares con menor porcentaxe de mortalidade por 100.000 habitantes", apuntou.

O titular do Gobiero galego preside a reunión do Consello da Xunta. XUNTA
O titular do Gobiero galego preside a reunión do Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

INDULTO A INDEPENDENTISTAS

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu o "enorme rigor" da fiscalía do Tribunal Supremo (TS) na súa negativa de conceder un indulto aos presos indepentistas condenados por referendo do 1-O.

Así se pronunciou ao ser preguntado polas declaracións nas que o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, evitou comentar estes indultos e afirmou que lle "gustan" os "informes técnicos-xurídicos, os de Fiscalía tamén".

"Dicir que os fiscais do Tribunal Supremo actúan con criterios políticos... se iso é así e se o ministro dixo iso, estou convencido de que o vai a rectificar nos próximos minutos", manifestou o presidente da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antón

O lumen que non cesa¡

1 mlon

Pero polo monte san pedro non andaba. Non?