A Xunta será "belixerante" co acordo de Pesca acordado con Reino Unido

O Goberno de Feijóo lamenta que o sector se empregue "de novo" como "moeda de cambio".

Por E.P. | | 25/12/2020 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

A Xunta manifestou a súa "preocupación" ante as informacións publicadas sobre o acordo pesqueiro do Brexit, que ve "alarmante para a frota galega" pola perda do 25 por cento das cotas europeas.

A través dun comunicado remitido aos medios este venres de Nadal, despois de que o xoves transcendese que o Reino Unido e a Comisión Europea chegaran a un acordo con consecuencias para a pesca, o Goberno galego lamentou que "unha vez máis" o sector fose empregado "como moeda de cambio" e avanzou que será "belixerante".

"Galicia non se vai a conformar con compensacións por este acordo e será belixerante e contundente para recuperar os dereitos de pesca perdidos no acordo do Brexit", advertiu a Xunta, quen no entanto matiza que estas consideracións as traslada "a falta de coñecer información oficial" sobre os termos do acordo por parte do Goberno central.

Por iso, o Executivo de Alberto Núñez Feijóo aposta por "coñecer o texto" definitivo antes de valorar "posibilidades de defensa da cadea mar-industria" da Comunidade galega.

Barco de pesca en Carnota (A Coruña). XUNTA - Arquivo
Barco de pesca en Carnota (A Coruña). XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dun Aengus

Pobriños eles... Armadorciños de Celeiro e Burela coa bandeira ejpañola no balcón na época do procés. España non pinta nada, nin está nin se lle espera. Un 25 por cento de cota perdida a asumir toda por Ejpaña. Francia foi a que deu o visto bo e evidentemente non ten intención de perder nada ou casi nada por iso aceptou. É triste para Galicia pero é o esperable dun estadiño patético como o que sufrimos. E no fondo o que merecemos. E vaia gol lle meteu UK á UE, no último minuto e de penalti inexistente. Levan o que querían (libres de aranceis, liberdade de capitais, e control sobre as fronteiras e a inmigración). Que alguén me explique que gaña a UE...