Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2020 | Actualizada ás 21:02
A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste venres, día de Nadal, outras seis vítimas mortais da covid-19, polo que o total desde o inicio da pandemia elévase a 1.369.
En concreto, tres deles faleceron na área hospitalaria de Vigo. Trátase dunha muller de 93 anos e dun home de 80, que procedía da Residencia Cesantes- Redondela, que morreron no Chuvi. Por outra banda, outro home de 80 anos faleceu en Povisa.
Tamén morreron dúas persoas no Chus da Coruña. Trátase dunha muller de 94 anos e dun home de 89 anos. Tamén faleceu unha muller de 70 anos, no Hospital da Mariña. Todos eles tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.