Por Galicia Confidencial | A Rúa | 18/01/2021 | Actualizada ás 04:00
Que o sector do transporte por carretera foi un dos axentes clave para que a poboación puidese estar abastecida, durante o tempo que se prolongou o confinamento, ninguén o pon en dúbida. “O eido do transporte por carretera foi un dos servizos esenciais da pandemia”, considera Beatriz García, directora executiva de Spedion para España e Portugal, unha compañía de matriz alemá que ten a súa sede no noso país na localidade da Rúa de Valdeorras.
Malia a relevancia do sector, coma noutros moitos eidos de actividade, non todas as empresas que o compoñen conseguiron dar o salto en tempo e forma á denominada transformación dixital. Conseguir que o fagan “con plenas garantías de éxito” é un dos obxectivos que persegue Spedion, posto que desenvolve solucións TIC innovadoras para grandes e pequenas flotas de camións, así como tamén para vehículos mixtos.
Solucións intuitivas
Deste xeito, os seus titulares poderán controlar dende un dispositivo móbil todo o que ten que ver coa xestión da súa flota “sen necesidade de estar na oficina”, matiza García. Así, pódense comprobar, por exemplo, quilómetros percorridos por cada unidade ou traxectos restantes.
Os dispositivos que promove Spedion, adaptados a cada empresa segundo as súas necesidades, permiten, ademais a localización GPS do camión, a descarga remota do tacógrafo dixital ou os tempos de condución, entre outros aspectos.
“Trátase de solucións moi intuitivas e sinxelas de manexar”, destaca a directora executiva de Spedion. “As aplicacións poden empregarse de xeito flexible coma un modelo modular de pagamento por uso sen contratos a termo”, engade.
Atención ao cliente
Os tempos de implementación deste sistema de software son moi curtos. Nunha semana pode estar implantado e a súa doada tecnoloxía convérteo nunha ferramenta moi sinxela para ser manexada por calquera tipo de usuario. O proceso de implementación é sinxelo, tamén.
Acórdanse os servizos necesarios, adaptados a cada cliente, antes de iniciar a fase de montaxe do hardware e finalmente procédese á fase de formación e soporte.
Na actualidade, arredor de 500 clientes en todo o mundo confían en Spedion, o que quere dicir que máis de 30.000 vehículos están equipados coa tecnoloxía que a empresa desevolve. En España, en concreto, son máis de 100 os clientes cos que conta a compañía, que se instalou hai agora tres anos e pleno corazón de Valdeorras e que actualmente se atopa en fase de expansión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.