Denuncian que Jácome quere "exterminar" o tecido cultural de Ourense

Os socialistas denuncian que o rexedor utiliza a covid como escusa para pechar o auditorio municipal, o gran centro da programación cultural da cidade.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/01/2021 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE alerta de que Gonzalo Pérez Jácome está a empregar a COVID como escusa para “desmantelar” o Auditorio Municipal despois de “queimar todos os cartuchos” coa programación de Nadal. Neste sentido, os socialistas lémbranlle ao alcalde que o Nadal “dura un mes” e pregúntanse que vai facer Jácome os once meses restantes, posto que carece dunha planificación cultural máis alá do espectáculo musical”.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai balance dos 100 días de goberno.. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai balance dos 100 días de goberno.. EUROPA PRESS - Arquivo

O grupo municipal socialista considera que o anuncio da suspensión da programación do Auditorio por mor da COVID é un “mero pretexto” do alcalde para xustificar a falta de fondos do consistorio despois do Nadal, ademais de supoñer a “derradeira escenificación do desprezo de Jácome cara ás institucións culturais” desta cidade. “Trátase dun ataque encuberto que ten como fin consumar a exterminación da cultura na cidade”, aseguran os socialistas.

Nun comunicado, advirten que a política cultural “reducionista” de Jácome suporá a destrución do “escaso tecido empresarial e pequena industria cultural” existente en Ourense, e terá consecuencias económicas directas nos comercios locais e na hostalaría, polo que lle piden ao alcalde que “recapacite” e lle dea á cultura “o lugar que merece”.

A respecto das declaracións do PP lamentando a decisión de Jácome de suspender a programación do Auditorio, os socialistas lembran que foron os populares os que colocaron a Jácome na alcaldía e fixeron o papel de “comparsita muda” durante o tempo que cogobernaron. “Chama a atención que agora queiran ser o látego do poder, cando hai non tanto tempo calaban e aplaudían as boutades do alcalde”.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nós

O tecido cultural de Ourense non o extermina Jácome, extermínanno as e os ourensáns que o votaron. O tecido cultural e máis o resto. #xasomosmaiores

1 Sentidiño

Os ourensaos votaron primeiro Psoe , de segundo quedou o Pp, de terceiro Jácome, e moi por debaixo Ciudadanos e Bng. O partido de Jácome obtivo o 21%.