Trasladado ao porto da Coruña un buque cargado de gasoil que sufriu unha avaría

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Un cargueiro con máis de 18.000 toneladas de gasoil, o 'Adfines Sky', atópase atracado no porto exterior da Coruña tras sufrir unha avaría no seu motor principal, segundo informa a Autoridade Portuaria da Coruña. O buque, cunha eslora de 160 metros, navegaba fronte ás costas galegas cando rexistrou a avaría e nestes momentos permanece atracado para proceder á reparación. "Unha vez emendado o problema, nos próximos días abandonará o porto exterior para pór rumbo ao seu destino", engade o organismo portuario.

Sobre a actividade en Punta Langosteira no caso de buques nestas circunstancias, indica que se atendeu "ao redor de 20 buques con avarías ou problemas de navegación, nalgúns casos no medio de circunstancias meteorolóxicas moi adversas e con cargas moi perigosas".

Barco atracado con avaría no porto da Coruña. AUTORIDADE PORTUARIA
Barco atracado con avaría no porto da Coruña. AUTORIDADE PORTUARIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta