Temas: SANGUE DOAZóNS

As reservas de sangue A negativo, B positivo e Cero negativo están baixas en Galicia

Os hospitais galegos necesitan de media unhas 500 doazóns de sangue ao día

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) recolle no seu semáforo semanal que continúan baixas en Galicia as reservas de sangue dos grupos A negativo, B positivo e Cero negativo. As reservas de cero positivo están normais e as de AB positivo e negativo son boas.

Doazón de sangue.
Doazón de sangue.

Tal e como lembra a entidade, os hospitais galegos necesitan de media unhas 500 doazóns de sangue ao día para atender aos pacientes que necesitan dunha trasfusión. Por iso, volveron a pedir a solidariedade dos galegos.

Para doar, ademais dos puntos fixos de Ados, as unidades móbiles desprazaranse ao longo da próxima semana a distintos puntos da xeografía galega.

Así, durante o luns, día 1 de febreiro, estarán en Oza-Cesuras, Abengondo e Cerceda, así como na zona de Catro Camiños, na Coruña, e na Praza de Galicia, en Santiago de Compostela. Na provincia de Pontevedra, a mesma xornada estarán na zona da Herrería, en Pontevedra, en Tomiño e nas Travesas, en Vigo; ademais de en Rábade e en Lugo cidade (zona Parque Castiñeiro) e na Avenida de Buenos Aires de Ourense. Todos os desprazamentos poden consultarse na web de Ados.

Temas: SANGUE DOAZóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta