Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/01/2021 | Actualizada ás 15:50
A Xunta xa recibiu 2.535 denuncias por incumprimentos relacionados coa covid-19 enviados por concellos, ao amparo do convenio ratificado a finais de novembro entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Administración autonómica.
Así, a Xunta atópase "revisando" os expedientes de denuncias e xa remitiu ao redor de 60 acordos de inicio de sancións, entre os que teñen "prioridade" aqueles relacionados coa infracción de incumprir o uso de máscara.
Ademais, a Administración autonómica prevé enviar ao longo da próxima semana "máis de 300 acordos" para que cheguen "o antes posibles" aos presuntos incumplidores.
A través deste convenio, a Xunta presta aos 172 concellos adheridos ao convenio a asistencia técnica e material que precisen para tramitar os procesos sancionadores en ámbitos que son "da súa competencia", como é o uso obrigatorio da máscara, o control de capacidade en locais, a prevención de de aglomeracións e o cumprimento dos horarios e do toque de queda.
O Goberno galego, pola súa banda, é o encargado de controlar cuestións "puramente sanitarias", como corentenas e illamentos, polo que enmarca este acordo nunha axuda aos concellos "con menos recursos".
Neste contexto, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou a "importancia" de manter un diálogo "fluído" cos municipios para que "todas as infraccións teñan sanción e cheguen aos que incumpren as restricións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.