Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/02/2021 | Actualizada ás 20:57
Un brote de coronavirus nunha residencia de persoas con discapacidade de Aspas en Laraño, en Santiago de Compostela, afecta a seis usuarios e un traballador que recibiron a segunda dose da vacina o pasado xoves, 28 de xaneiro.
En declaracións a Europa Press, o xerente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas), Javier García, explica que o seis usuarios foron desprazados ao Cegadi, o centro compostelán que agrupa a infectados de residencias de diversos puntos de Galicia.
O mércores, resultou positivo un dos traballadores no test de saliva que se realizan semanalmente en Aspas. Así mesmo, ese mesmo día uno dos usuarios "tivo febre", o que "fixo saltar as alarmas".
Así, realizáronse as probas aos 35 usuarios do centro residencial Juan Vidán Torres de Laraño, o que arroxou seis PCR positivas este xoves. Só una destas persoas ten febre, mentres o resto está asintomáticos. Todos están "ben de saúde".
Aspas tamén conta con outro centro en Santiago, en San Marcos, pero nese caso non hai ningún contaxio rexistrado. Aquí, a vacinación tamén se completou o pasado 28 de xaneiro.
"Aguantamos moito, pero ao final tocounos", lamenta Javier García. Espera que os afectados "sigan ben de saúde" en próximos días.
A XUNTA SINALA QUE "ENTRA NA NORMALIDADE"
Pola súa banda, por parte da Consellería de Política Social explícase a Europa Press que o feito de que se contaxiaron persoas coas dúas doses inxectadas da vacina "entra dentro da normalidade" ao non pasar os "sete días" necesarios para a inmunización.
Remarca que a segunda dose completouse o 28 de xaneiro. Ao dar agora positivo o habitual é que ese contaxio produciuse ao redor dun cinco días antes.
A este respecto, o xerente de Aspas apunta que para a inmunización "fálase de entre sete e dez días" desde que se recibe a segunda dose, "incluso algúns estudos falan de máis". "O Sergas dinos que o estar vacinado os síntomas a priori serán menores", agrega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.