Santiago ten catro veces máis casos de covid-19 que cando se decretou o peche da cidade o 15 de decembro

Está situada na contorna dos 700 casos por 100.000 habitantes en 14 días. O alcalde avisa aos cidadáns de que é "inasumible" esa incidencia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/02/2021 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, ve aínda "inasumible" a incidencia da pandemia do coronavirus na cidade, situada na contorna dos 700 casos por 100.000 habitantes en 14 días. No entanto, valorou a entrada nunha "curva descendente" desde finais de xaneiro.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Europa Press

O rexedor compostelán deu o dato de que o xoves a capital galega contaba con 678 casos activos, despois de alcanzar "entre o 26 e 27" de xaneiro os 750.

A pesar desta baixada, lembrou que a Xunta decretou o peche da cidade o 15 de decembro cando había 147 persoas contaxiadas. "É dicir, agora temos catro veces máis casos", advertiu.

Así, aínda que Santiago entrou xa "nunha estabilización e tendencia á baixa", Bugallo dixo que esta curva aínda é "moderada". "Confío en que continúe e sexa acelerada", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta