Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2021 | Actualizada ás 21:19
Galicia administrou un total de 297 vacinas contra o coronavirus nas últimas 24 horas, o que contrasta coas máis de 6.000 inxectadas na anterior xornada, segundo os datos publicados este venres polo Ministerio de Sanidade.
O total de doses administradas en Galicia é de 96.947 das 113.425 recibidas, o que supón 85,5%. De feito, tras estar por encima da media de forma reiterada, esta taxa galega é xa inferior á media de comunidades (que se sitúa no 89,6%).
A cifra de galegos que recibiu as dúas doses que inmunizan contra a covid é de 37.720, só 148 máis que o xoves. En concreto, Galicia recibiu 108.925 vacinas de Pfizer e 4.500 de Moderna, tras as últimas remesas chegadas esta semana.
DATOS ESTATAIS
As Comunidades Autónomas administraron ata este venres 1.988.160 dose das vacinas contra a Covid-19 de Pfizer e Moderna, o 89,6 por cento das distribuídas, que ascenden a 2.218.755 unidades, 122.818 delas durante as últimas 24 horas.
Ademais, un total de 682.909 persoas recibiron xa a segunda dose a partir da cal se empeza a xerar inmunidade, 96.787 máis que no día de onte. Isto supón o 34,35 por cento das doses administradas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.