O Sergas atrasa unha semana a vacinación a maiores de 80 anos

Comezará a vacinar a partir do 22 de febreiro cando Feijóo anunciara o xoves pasado que sería a mediados de mes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, avanzou este sábado que Galicia comezará a vacinar contra o coronavirus a maiores de 80 anos a partir do 22 de febreiro, luns, "se todo vai ben" e non se produce unha "ruptura de subministración".

Nunha entrevista coa Radio Galega, que recolle Europa Press, Aboal sinala que se prevé avisar a este grupo de idade "uns días antes", a partir do 17 de febreiro, co obxectivo de comezar a vacinación o día 22.

O pasado xoves, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que se traballaba cun calendario de vacinación para este grupo de idade que comezase o 16 de febreiro, pero será uns días máis tarde, segundo o exposto por Aboal este sábado. O titular do Goberno galego marcou como previsión que este colectivo estea inmunizado (tras recibir as dúas doses) a "principios de maio".

A este respecto, Aboal apunta que a intención é que en dous meses se complete a vacinación dos maiores de 80 anos. Farase nos centros de saúde nas cidades, así como nas cabeceiras de comarca no rural.

A PRÓXIMA SEMANA CHEGARÁN 30.000 VACINAS

Así mesmo, Jorge Aboal relatou que a próxima semana chegarán a Galicia unhas 30.000 vacinas, unhas 20.000 de Pfizer e 10.000 de Astrazeneca --que só se inxectarán a menores de 55 anos--.

Tamén apuntou que o Ministerio de Sanidade trasladoulles que se prevé que novas vacinas de Novavax e Johnson & Johnson cheguen a partir de abril. Ademais, espérase que entre o segundo e terceiro trimestre deste ano haxa remesas importantes da vacina de Moderna.

Anciáns, envellecemento, saúde, sanidade, idade, paseo, maiores.. XUNTA - Arquivo
Anciáns, envellecemento, saúde, sanidade, idade, paseo, maiores.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta