Atopan afogada nun pozo de rego a unha muller que buscaban en Sandiás

Varias patrullas da Garda Civil, Protección Civil e o propio alcalde participaron no operativo de busca.

Por Galicia Confidencial | Sandiás | 07/02/2021 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

O corpo dunha muller de 82 anos de Zadagós, en Sandiás, foi atopado a primeiras horas deste domingo nun pozo de rego deste concello segundo informou o alcalde da localidade, Felipe Traveso a Galicia Confidencial.

Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido no río
Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido no río | Fonte: Guardia Civil

A muller levaba desde o sábado desaparecida polo que veciños de Sandiás, o propio alcalde; varias patrullas da Garda Civil e Protección Civil da localidade comezaron un operativo de busca para dar coa muller.

Este mesmo domingo estaba previsto que se trasladara unha unidade de drones da Axega para participar no operativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta