A Xunta non investigará a vacinación da directiva de DomusVi porque confían no seu "comportamento ético"

"Se Josefina Fernández está diariamente con residentes considero que debe ser vacinada", di a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 07/02/2021 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, dá por boas as expliaciones ofrecidas pola multinacional DomusVi sobre a vacinación da súa delegada, Josefina Fernández, quen xustificou recibir unha das doses da vacina contra o covid-19 por exercer como directora dunha residencia e estar en contacto cos usuarios.

"Se Josefina Fernández está diariamente con residentes considero que debe ser vacinada. Se non está en contacto con residentes diariamente terá que ser ela quen dea explicacións", sinalou García nunha entrevista este domingo na Cadena Ser na que recoñeceu que a administración galega non se dirixiu á delegada de DomusVi para demandar explicacións pola súa vacinación nin ten previsto abrir unha investigación respecto diso.

Neste sentido, a responsable da área de Política Social asegurou que "todos" os directores de residencias de maiores de Galicai recibiron unha dose da vacina contra o covid-19 "porque están en contacto cos residentes".

Pola súa banda, a Consellería de Política Social recoñeceu que se administrou a vacina a Josefina Fernández no centro DomusVi de Vigo, que a incluíu na lista dos seus traballadores para recibir a vacina á súa conselleira delegada, "que non figuraba inicialmente na relación de persoal que manexaba a Xunta". O mesmo sucedeu co seu irmán, segundo recoñeceron o pasado mércores as fontes consultadas da consellería.

Este domingo, tras recoñecer que non falaron coa propia CEO de DomusVi, Fabiola García apuntou que a consellería que encabeza "sabe" as explicacións ofrecidas para xustificar a súa inclusión na lista e que "se é así" e está en contacto cos usuarios, "está ben feito".

"Considero que o equipo de vacinación, que ten miles e miles de presonas que confían nese comportamento ético de todas e cada unha das persoas que se vacinan en Galicia porque a vacina non é un privilexio para ninguén, é un medio de protección para o propio maior e todas as persoas que o rodean", sentenciou García, para logo engadir que "se alguén que sexa chamado para unha vacinación e non lle corresponde, que o diga e renuncie a esa vacinación".

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta