¿Onde está Cuiña?

Nos últimos días especulase coa posibilidade da volta do ex vicepresidente da Xunta e ex alcalde de Lalín, Xosé Cuiña, ó primeiro plano da vida política, aínda que, neste caso, na política municipal...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2006 | Actualizada ás 00:46

Comparte esta noticia

O obxectivo de Cuiña é comprobar o apoio social que aínda ten na súa vila natal e que, según algúns dirixentes populares, podería ser suficiente para arrebatarlle a alcaldía ó seu ex amigo Pepe Crespo. Conta, ademáis, coas súas empresas e o apoio dalgún amigo empresario que aínda ten, para financiar a campaña. Pero non quere lanzarse sen ter as cousas moi claras.

Pretende asegurarse de que esta aventura non lle saia mal, como as anteriores. É a última oportunidade que ten para volver á política e non quere equivocarse. Segundo sinalan a este medio persoas do seu entorno, se ve que non é capaz de quitarlle a alcaldía a Crespo non se vai presentar.

No PP son conscientes desta xogada dende hai algún tempo, pero ó igual que o ex vicepresidente, a súa dirección xa ten bazas para xogar: os negocios de Cuiña e un xornal disposto a publicalos; La Voz de Galicia.

O de Lalín ten coma obxectivo matar tres páxaros dun tiro; a Crespo, arrebatándolle a alcaldía e a Rafael Louzán a Presidencia da Deputación provincial, cargos nos que el os colocou no pasado. Son os seus principais inimigos dende hai tempo e ós que sinala como os causantes da súa caída en desgracia. De paso, tamén quere que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, "leve un bo correctivo" nas municipais, especialmente, nunha zona que é un graneiro tradicional de votos populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

21 pendencias

Rubiadelbote, penso que temos distintas edicións da Historia de Galicia. Non sei se nesa Historia o capítulo "Cuiña" será mui longo, ou mesmo se o haberá. Non hai insultos no meu post, Cuiña, de maneira ben fanfarrona, dicialle até o carteiro que el iba ser o sucesor de Fraga "o vello". Calquer que falara con el entre o 90 e o 97 pode constatar e confirmar isto. Calquer. Por outro turno, foi o partido quen o colocou no lugar que está agora. Por certo, oxalá que botedes aos opusinos e aos de Cristo Rei do PPdG. Ora, cando por aquí chega Acebes eu sego a ver "prietas las filas" e falar de Galicia "nuestra región de España". Non vos vexo muito discurso galeguista cando o opus e os lexionarios madrileños veñen por acó. Boa sorte coa resurreción na fronteira da autodeterminación (en serio).

20 nosoylarubiadebotequesetiracrespo@graciasporlodeloralymouriscade.vilariño.net

pendencias, véseche o plumeiro, Cuiña está na Historia de galicia con boas referencias, independentemente do seu futuro político. Ti e mais eu que nos adicamos patéticamente a escribir en internet somos os pobres homes, sobre todo os que se refuxian no anonimato para insultares a xente que merece repeto. Se non é ninguén, ¿por qué estades tan preocupados algúns?, xa comenzaron en madrid a intrigar (especialidade do PP) contra marianito, e despois caerán os opusinos en galicia, pero ben, iso xa o veremos.

Tranquilidade, se está RIP non vos preocupedes (pero asegúrovos que o morto está moi vivo)

19 pendencias

É sabido que Cuiña na primeira e segunda lexislatura de Fraga fartouse de dicer a todo o mundo que el iba ser seu sucesor e referíase a Fraga, despectivamente, como "o vello", por muito que despois partira o peito publicamente por "Don Manuel" nos congresos. Cóntovos unha pequena anedota: cada vez que entraba na cabeleireira que frecuentaba en Santiago as empregadas sabian que iban escuitar vinte veces unha frase; "a que me parezco a Kennedy, Marisiña?". Hoxe, políticamente, non é ninguén.

18 Alex

É moi curioso: os do PP oficial, uns poucos, evidentemente téñenlle medo, os da oposición din que o respetan, o mundo ó reves. O que está claro e que non é un calquera na política galega.

Por certo, ¿alguén investiga as relacións entre o alcalde crespo e o portavóz do BNG?, din por lalín que son moi fructíferas, e que está o Vilariño moi agradecido a Crespo por non sei queé presuntas axudas laborais, e claro, a cambio, notiñas de prensa meténdose con...Cuiña

17 Fernando

Cuiña es de lo mejor que el que da a este Partido Popular de mediovres.