Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2006 | Actualizada ás 00:46
O obxectivo de Cuiña é comprobar o apoio social que aínda ten na súa vila natal e que, según algúns dirixentes populares, podería ser suficiente para arrebatarlle a alcaldía ó seu ex amigo Pepe Crespo. Conta, ademáis, coas súas empresas e o apoio dalgún amigo empresario que aínda ten, para financiar a campaña. Pero non quere lanzarse sen ter as cousas moi claras.
Pretende asegurarse de que esta aventura non lle saia mal, como as anteriores. É a última oportunidade que ten para volver á política e non quere equivocarse. Segundo sinalan a este medio persoas do seu entorno, se ve que non é capaz de quitarlle a alcaldía a Crespo non se vai presentar.
No PP son conscientes desta xogada dende hai algún tempo, pero ó igual que o ex vicepresidente, a súa dirección xa ten bazas para xogar: os negocios de Cuiña e un xornal disposto a publicalos; La Voz de Galicia.
O de Lalín ten coma obxectivo matar tres páxaros dun tiro; a Crespo, arrebatándolle a alcaldía e a Rafael Louzán a Presidencia da Deputación provincial, cargos nos que el os colocou no pasado. Son os seus principais inimigos dende hai tempo e ós que sinala como os causantes da súa caída en desgracia. De paso, tamén quere que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, "leve un bo correctivo" nas municipais, especialmente, nunha zona que é un graneiro tradicional de votos populares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.