¿Onde está Cuiña?

Nos últimos días especulase coa posibilidade da volta do ex vicepresidente da Xunta e ex alcalde de Lalín, Xosé Cuiña, ó primeiro plano da vida política, aínda que, neste caso, na política municipal...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2006 | Actualizada ás 00:46

Comparte esta noticia

O obxectivo de Cuiña é comprobar o apoio social que aínda ten na súa vila natal e que, según algúns dirixentes populares, podería ser suficiente para arrebatarlle a alcaldía ó seu ex amigo Pepe Crespo. Conta, ademáis, coas súas empresas e o apoio dalgún amigo empresario que aínda ten, para financiar a campaña. Pero non quere lanzarse sen ter as cousas moi claras.

Pretende asegurarse de que esta aventura non lle saia mal, como as anteriores. É a última oportunidade que ten para volver á política e non quere equivocarse. Segundo sinalan a este medio persoas do seu entorno, se ve que non é capaz de quitarlle a alcaldía a Crespo non se vai presentar.

No PP son conscientes desta xogada dende hai algún tempo, pero ó igual que o ex vicepresidente, a súa dirección xa ten bazas para xogar: os negocios de Cuiña e un xornal disposto a publicalos; La Voz de Galicia.

O de Lalín ten coma obxectivo matar tres páxaros dun tiro; a Crespo, arrebatándolle a alcaldía e a Rafael Louzán a Presidencia da Deputación provincial, cargos nos que el os colocou no pasado. Son os seus principais inimigos dende hai tempo e ós que sinala como os causantes da súa caída en desgracia. De paso, tamén quere que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, "leve un bo correctivo" nas municipais, especialmente, nunha zona que é un graneiro tradicional de votos populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

11 rafa

Querido Max: supoño que a don Pepe (Corleone) Cuiña lle encantará ler as túas felacións cibernéticas, posiblemente untadas por el mesmo a base de billetes de 500€, deses que só se moven en bolsas de lixo... o lixo dos prevaricadores, dos traidores e dos miserables. Ére-lo Max-imo: agora resulta que don Pepe (Corleone) Cuiña actúa por conviccións políticas, polo ben do país e polo ben de Lalín e el nin mirou, nin mira nin mirará o peto. Ai que me dá algo¡¡¡ Remato xa: noraboa ós socialistas por ser tan socialistas portugueses (socialistas y lusos). Eu creo que só gañarían se poñen a Marta Lázara de candidata. ¡Tembra Aller! Que che move a silla...

10 max

amigo rafa: os lambecús do crespismo (é decir os que tedes traballo grazas a él, non creedes politicamente, porque só mirades o peto) quédavos moi pouco de réximen. Agora tócalle ó PSOE, que xa vai sendo houra. A Cuiña respetámolo, aínda que non nos guste, o teu mentor, é un pobre home.

Saudos

9 anónimo

Chámanme a atención dous comentarios deste artigo:

1.- Seica a Cuiña quéndalle amigos empresarios que o axudarían a financiar a súa campaña electoral. Como diría Trillo, manda huevos, que un tipo coma el, que forxou un emporio a base de privilexios e presións políticas, teña que recurrir a eses amigos para sufragar unha campaña... Manda carallo.

2.- Tamén se di que un tipo que o foi todo na Xunta, e que se autoproclama como auténtico pai do Lalín actual, teña que encargar unha enquisa para medir os seus apoios. ¿Non parece algo raro?

3.- O que nos doe á xente do PPdeG é que este individuo estea a pagar as súas aventuras cos cartos de tódolos galegos que cobra como deputado.

4.- Que eu saiba, o señor Cuiña non puxo a Louzán na presidencia da Deputación... ¿Ou é que xa non vos lembrades que a última aposta del era Sotelo?

8 anónimo

7 rafa

¿Palla mental? Eu creo que esto é unha diarrea mental... e despois dunha noite de xolda. Se ben pode ser certo que o egoismo, a persoalidade paranoide, a ambición desmedida e a ansia de poder de Pepe Cuiña podería levalo a baixar á area como un auténtico "gladiator", non é menos certo que o que foi a Sevilla perdeu a silla. Sobre todo cando os que vivimos en Lalín comprobamos que despois da demisión-cesamento de Pepe Cuiña seguiu habendo vida. E incluso mellor que antes... Señores Tino e Max, seguro que vostedes non tiveron que padecer a tiranía do señor Cuiña e a súa prepotencia. Graciñas polo traballo feito e RIP (políticamente falando).