¿Onde está Cuiña?

Nos últimos días especulase coa posibilidade da volta do ex vicepresidente da Xunta e ex alcalde de Lalín, Xosé Cuiña, ó primeiro plano da vida política, aínda que, neste caso, na política municipal...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2006 | Actualizada ás 00:46

Comparte esta noticia

O obxectivo de Cuiña é comprobar o apoio social que aínda ten na súa vila natal e que, según algúns dirixentes populares, podería ser suficiente para arrebatarlle a alcaldía ó seu ex amigo Pepe Crespo. Conta, ademáis, coas súas empresas e o apoio dalgún amigo empresario que aínda ten, para financiar a campaña. Pero non quere lanzarse sen ter as cousas moi claras.

Pretende asegurarse de que esta aventura non lle saia mal, como as anteriores. É a última oportunidade que ten para volver á política e non quere equivocarse. Segundo sinalan a este medio persoas do seu entorno, se ve que non é capaz de quitarlle a alcaldía a Crespo non se vai presentar.

No PP son conscientes desta xogada dende hai algún tempo, pero ó igual que o ex vicepresidente, a súa dirección xa ten bazas para xogar: os negocios de Cuiña e un xornal disposto a publicalos; La Voz de Galicia.

O de Lalín ten coma obxectivo matar tres páxaros dun tiro; a Crespo, arrebatándolle a alcaldía e a Rafael Louzán a Presidencia da Deputación provincial, cargos nos que el os colocou no pasado. Son os seus principais inimigos dende hai tempo e ós que sinala como os causantes da súa caída en desgracia. De paso, tamén quere que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, "leve un bo correctivo" nas municipais, especialmente, nunha zona que é un graneiro tradicional de votos populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

1 Marta

É unha fermosa palla mental do galiciaconfidencial.

1º- Cuiña non se vai presentar, estálle tocando os ... a crespo por traidor, e éste está ó borde do infarto (políticamente falando)

2º- Os negocios. o que non lle puideron facer xa, (recordo que non ten máis que rumores na súa contra) incluso cando foi o do Prestige, ate a oposición dixo que era algo político e non un tema de enriquecemento (ay Palmou, Palmou, qué malo eres)

3º- Posibles amenazas do PP de sacar algo. Cheiraría moi raro que se da un paso á fronte saísen informacións contra él (cousa habitual nas "cociñas" do PP, que tería que chamarse PC "partido cainita". E ademáis é íntimo de Santiago Rey.

Supoño que sairá algún co rollo das empresas o caciquismo, etc... perden o tempo, os datos son os datos, outra cousa é o que a algúns gustaría que fose certo.