Triplícanse nunha semana os casos da cepa británica en Galicia

Comesaña lembra que os datos cos que contan as autoridades sanitarias establecen entre un oito e dez por cento os casos desta cepa en España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

Os casos detectados da cepa británica do coronavirus na comunidade de Galicia pasaron de 16 da semana pasada a 41 confirmados e secuenciados". Así o confirmou este mércores a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na rolda de prensa tras a reunión do comité clínico deste martes na que abordaron a situación epidemiolóxica.

Sobre a detección destes casos, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que non se pode falar de que porcentaxe representan estes casos porque "non hai capacidade de facer secuenciación a todos os positivos".

Por iso, puntualizou que eses 41 supoñen "casos confirmados" en Galicia que representan "casos acumulados confirmados", insistiu o titular de Sanidade. Comesaña lembrou que os datos cos que contan as autoridades sanitarias establecen entre un oito e dez por cento os casos desta cepa en España.

Preguntado sobre as probas específicas para detectar casos desta cepa, Comesaña destacou que en Galicia hai tres áreas sanitarias que contan con "equipos para secuenciar, poder obxectivalas e ver outras variantes".

Coronavirus
Coronavirus | Fonte: Pixabay.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta