A APDR denuncia un novo vertido na ría 72 horas despois de denunciar outro

Foi denunciado ante o Seprona, a policía local e Salvamento Marítimo.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 12/02/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) denuncia un novo vertido na Ría de Pontevedra, 72 horas despois de dar a voz de alarma pola existencia doutro á altura do paso elevado existente nas inmediacións da fábrica de celulosa.

Este novo vertiido está no peirao das Corbaceiras, en Pontevedra, nunha zona onde se atopan unhas naves utilizadas por un club de piragüismo para gardar as piragüas. “Nesta ocasión, puxémonos en contacto co Seprona, coa policía local e co 112, e tivemos resposta de Salvamento Marítimo no sentido de que iniciaban unha investigación”, indica a entidade nun comunicado. Trátase dun vertido de certa magnitude e moi patente nun longo traxecto cara á boca da Ría.

A APDR di que vai a agardar a ter información de Salvamento marítimo para ver de tomar algunha outra decisión ao respecto. “A nosa Ría, e os ríos que a conforman, e a nosa maior riqueza e non se pode permitir que estas situacións a poñan en perigo”, denuncia.

Sobre o último vertido lembran que procede de Cocheiras e sae polo aliviadoiro da EDAR de Os Praceres en momentos de fortes choivas, “unha situación que tería que ter sido solucionada hai tempo e da que Xunta e Concello de Pontevedra responsabilízanse mutuamente”.

Vertido na ría de Pontevedra
Vertido na ría de Pontevedra | Fonte: APDR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta