Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2021 | Actualizada ás 20:43
As autoridades sanitarias galegas notificaron este sábado seis novos falecementos de persoas diagnosticadas con covid-19 en Galicia, unha delas --unha muller de 93 anos que morreu no Cegadi-- procedía da Residencia San José de Arzúa. As vítimas mortais ascenden xa en Galicia a 2.086.
Segundo os datos óbitos validados e notificados por Sanidade, incorpóranse cinco vítimas mortais da pandemia á xornada deste venres 12 de febreiro: a anciá procedente da residencia San José de Arzúa, así como un home de 78 anos que morreu no Hospital do Salnés, e outro tres falecementos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) --dous homes de 89 e 82 anos, e unha muller de 56--.
Este sábado 13 de febreiro, notifícase o falecemento dun home de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Todos os falecidos presentaban, segundo Sanidade, patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.