Xeal reincorporará a partir do 28 de febreiro todo o persoal afectado polo ERTE

A empresa prosegue adiante co seu plan de investimentos.

Por E.P. | A Coruña | 17/02/2021 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

Xallas Electricidad y Aleaciones, Xeal, terminará o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que ten en vigor a finais deste mes de febreiro e reincorporará a todo persoal que se atopa afectado polo mesmo, segundo informa, situando a data a partir do 28 de febreiro.

Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro
Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro | Fonte: Comité de empresa.

Unha parte deste persoal, explica, reincorporarase a tarefas de produción mentres que outra estará centrada en traballos relacionados co mantemento dos activos, "un do catro eixos estratéxicos de Xeal xunto con seguridade, medioambiente e eficiencia e produtividade", apunta.

Ademais, afirma que prosegue adiante co seu plan de investimentos. En concreto, indica que se comprometeu "a realizar un investimento de 28 millóns de euros entre os anos 2020 a 2024, 14 millóns en cada unha das divisións da compañía, é dicir, ferroaleaciones e enerxía".

Nese sentido confirmou a pasada semana dous novos investimentos para as súas fábricas de Cee e Dumbría "por importe de 800.000 euros".

En Cee, engade, realizarase a automatización e mellora do sistema de control ambiental do segundo forno de silicomanganeso e en Dumbría "confirmouse a adquisición dunha segunda varilladora automática para o seu outro forno de ferrosilicio, despois da gran mellora en seguridade e operativa experimentada coa xa posta en marcha a finais do pasado ano".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta