O Sergas notifica 4 falecidos por covid nos últimos dous días

Todos eles tiñan patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

O Sergas vén de notificar a morte de 4 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus na comunidade galega. A cifra, notablemente máis baixa que as rexistradas semanas atrás, dá conta dun descenso da incidencia de covid que xa se deixa apreciar nas cifras de hospitalizados e, sobre todo, nos casos totais notificados. 

Un traballador sanitario. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un traballador sanitario. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Os falecidos comunicados polo Sergas este domingo corresponden tanto á xornada actual como ao pasado sábado. De feito, o Servizo galego de saúde tan só dá conta do falecemento dunha persoa neste domingo: unha muller de 91 anos no CHOP. O resto de casos correspóndense co sábado 20 e comprenden unha muller de 74 anos no CHUO, un home de 70  anos no CHUVI o outro de 62 anos no CHUS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta