Explosión nunha oficina de Novagalicia Banco en Vigo

O delegado do Goberno atrévese a adiantar que o artefacto levaba "todo o selo" de Resistencia Galega. A Policía mantén abertas todas as hipóteses.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/08/2013 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Efectivos de Policía Nacional, Policía Científica e do Tedax desprazáronse á oficina de Novagalicia Banco sita na estrada da Coutada, 8, na parroquia viguesa de Beade, onde se produciu unha explosión a pasada madrugada.

A oficina de Novagalicia Banco en Beade, trala explosión
A oficina de Novagalicia Banco en Beade, trala explosión | Fonte: @opelcortando

O estoupido produciuse arredor das 04.20 horas, causando considerables danos materiais nesta oficina. Non houbo feridos.

Segundo os primeiros datos, a explosión foi causada por un artefacto colocado xusto no exterior das instalacións da entidade bancaria. Trataríase dun artefacto colocado "dentro de una especie de fiambrera o termo, etcétera" con "cierta potencia" que provocou que as portas da oficina saísen despedidas cinco metros, adiantou o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

A Policía ten de momento abertas todas as vías de investigación mentres se recollen e analizan probas. Con todo, o delegado do Goberno atreveuse xa ao mediodía a dicir que o artefacto leva "todo o selo" de Resistencia Galega polo "tipo" de artefacto, o "lugar" onde foi colocado e a "data". Porén, ninguén se atribuíu aínda a autoría do estoupido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

11 TrincalleTrosma

Co que só resta pedir á pouca prensa brava, libre e dixital que fica na Galiza que investiguen posíbeis vencellos entre Samuel "raticulí" Juárez e empresas de vixiancia privada e escoltas. Porque cheira que apetrena xa o deste señor. Xa foi o que máis malmeteu cando o accidente e agora descólgase con isto...

10 zerodoto

O modus operandi é sempre o mesmo: rebenta un caixeiro, misteriosamente ninguén reivindica o 'atentado', e como conclusión o goberno atribúello a unha fantasmagórica organización de cuxa existencia non hai evidencia empírica algunha, que non dispón do apoio social preciso para dispoñer de loxística ou recursos financieros, e cuxos supostos membros renegan da violencia como ferramenta política. Aramís Fuster, Raticulín, Audiencia Nacional, Iker Jiménez...

9 Ameneiro

Se non consegueron provar a conexión entre supostos comandos, xa que defenden unha actuación e formación autónoma, como é posible que teñan o mesmo modo operandi e o mesmo xeito de construir bombas? E voltando ao de construir, e como pregunta, un policia estaria capacitado para reproducir un artefacto e un modo operandi?

8 Bardo

Xa sairan os de sempre a condealo e a dicir que son feitos repudiables indignos dunha "democracia" Os mesmos que non condean o terrorismo de estado que o Estado Espanhol co seu goberno a fronte exerce sobre da cidadania, Que é o terrorismo, de que se esquence a prensa de dereitas e o goberno? http://www.blogger.com/blogger.g?bl...

7 ramiro

Hai un problema de paro no sector da 'seguridade' antiterrorista tras o parón de ETA. Trátase dun personal de moi difícil colocación, especialmente o adicado a operacións encubertas, sabotaxe e infiltración, así que montarse unha entelequia terrorista en Galicia é unha solución efectiva para darlle saída a todos eses efectivos. Compre observar as 'altas' recentes en lugares como Radio Kalimero en Compostela, a Cova dos Ratos en Vigo, centros sociais e chiringuitos independentistas e similares lugares propicios para a infiltración.