Localizado nunha praia de Ares o corpo sen vida dun veciño desaparecido desde o luns

O cadáver será trasladado ao Hospial Naval de Ferrol para poder practicarlle a autopsia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

O veciño de Ares de 52 anos que estaba en paradoiro descoñecido desde o pasado luns, 22 de febreiro, foi localizado sen vida sobre as 11,00 horas de mércores, día 24, no areal de Centeas, unha pequena cala situada neste mesmo municipio.

Segundo trasladaron fontes consultadas por Europa Press, o corpo do home estaba situado na zona da beira e de inmediato foi retirado terra adentro para evitar que puidese ser arrastrado pola corrente.

Está previsto que o cadáver sexa trasladado o Hospial Naval de Ferrol para poder practicarlle a autopsia, sinalaron as mesmas fontes.

Durante as últimas horas desenvolveuse un dispositivo de procura no que participaron axentes da Garda Civil, Policía Local de Ares, Protección Civil de Ares, unidades de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga), ademais de familiares e amigos, que se despregaron polas distintas parroquias de Ares, incluída a zona de costa, chegando mesmo ao municipio limítrofes de Cabanas, Fene e Mugardos.

Praia de Centeas, en Ares
Praia de Centeas, en Ares | Fonte: Turismo de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta