O PP mantense, de momento, fóra do Goberno local en Ourense que recae en tres persoas

O edil Armando Ojea e o acaldes asumen de forma temporal parte das competencias de Telmo Ucha.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/02/2021 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O edil de Democracia Ourensá (DO) Armando Ojea e a Alcaldía asumirán parte das áreas do concelleiro Telmo Ucha, que acaba de reincorporarse tras estar de baixa pola covid-19, enfermidade pola que tivo que recibir asistencia hospitalaria.

En concreto, a Alcaldía de Ourense decretou unha nova repartición das competencias, segundo o cal, Participación Cidadá, Mocidade, Turismo e Termalismo, e Mobilidade e Transporte serán exercidas por Armando Ojea, así como a presidencia da xunta de área de Participación Cidadá, Turismo e Termalismo. Mentres, a Alcaldía asumirá as áreas de Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información.

Pola súa banda, conforme detallou en Consistorio nun comunicado remitido aos medios, o concelleiro Telmo Ucha, tras a seu reincorporación, seguirá á fronte de Política Social, Igualdade e Saúde, Seguridade Cidadá e Comercio.

O Concello explicou que dará conta dos cambios ao pleno e á xunta de goberno local na primeira sesión que teña lugar. Ademais, será publicado no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.

Jácome. EUROPA PRESS - Arquivo
Jácome. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

En Vigo gañamos por goleada... Levamos 14 anos de Goberno nas mans dun único Caudillo ! Se queres falar danche 24 segundos... Esto aínda nunca se viu en Ourense !!! https://youtu.be/BniMLuYxYUs?t=1345... A disfrutar da Democracia Plena !