Doce mozos identificados en Fene por subir ás redes sociais vídeos dunha festa ilegal

Os feitos tamén se porán en coñecemento das autoridades sanitarias de cara a detectar posibles positivos na covid-19.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Un total de 12 mozos, tres deles menores de idade, foron identificados por participar nunha festa ilegal organizada na noite do pasado venres, día 19 de febreiro, nunha vivenda da zona de Santa Ana, en Fene, tras a difusión dun vídeo colgado nunha rede social que desencadeou unha investigación policial.

As pescudas finalizaron na mañá deste mércores tras completar a localización e filiación de todos losparticipantes que, segundo informou a Policía Local de Fene, serándenunciados por vulnerar a prohibición de reunirse persoas noconvivientes, por exceder o horario de inicio do toque de queda e, na maioría dos casos, por saltar o peche perimetral dos seus respectivos concellos de residencia.

Os feitos tamén se porán en coñecemento das autoridades sanitarias de cara a detectar posibles positivos na covid-19. De darse esa circunstancia, á denuncia por unha infracción administrativa podería engadírselle outra pola comisión dun delito contra a saúde Pública.

AVISO Á POLICÍA LOCAL DE FERROL

En concreto, o primeiro aviso recibiuno o mesmo venres a quenda de noite da Policía Local de Ferrol por medio dunha chamada dunha veciña do municipio que alertou de que circulaba un vídeo polas redes sociais no que se vía a varias persoas novas participando nunha festa nun domicilio.

No vídeo non se precisaba o lugar exacto, pero os comentarios publicados na rede e os datos de localización da publicación permitiron situar a reunión nalgún punto indeterminado de Fene. Un dato que a Policía Local de Ferrol comunicou de inmediato á Garda Civil para que realizase as indagacións oportunas, aínda que sen obter ningún resultado.

Foi á mañá seguinte, o sábado, cando a Policía Local de Fene revisou as imaxes e recoñeceu nelas a tres menores do concello, o que lles permitiu aos tres corpos de seguridade "seguir tirando do fío" ata localizar aos outros nove participantes, catro deles con domicilio en Ferrol, tres residentes en Narón, un veciño de Neda e outro de Monfero, todos eles con idades comprendidas entre os 16 e os 22 anos.

As pescudas da Policía Local de Fene tamén situaron o lugar da celebración nunha vivenda da zona de Santa Ana, propiedade ao parecer da familia dun dos participantes. A Concellaría de Seguridade e a Policía Local de Fene destacou a "estreita colaboración entre policías locais e Gardia Civil"; que permitiu identificar os responsables. Ademais, agradeceu a colaboración cidadá, que desencadeou a investigación de "uns feitos irresponsables e moi perigosos nestes  momentos".

Axentes da Policía Local.
Axentes da Policía Local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta