Case 20.000 persoas da provincia da Coruña están nun ERTE

A SEPE abonou case 228 millóns de euros a traballadores da provincia acollidos a ERTEs.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/02/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Case 20.000 persoas da provincia da Coruña están acollidas a un expediente de regulación de emprego temporal (ERTE), segundo datos facilitados pola subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioobo tras unha reunión telemática co director provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Carlos do Canto.

O ano pasado, a SEPE abonou case 228 millóns de euros a traballadores da provincia acollidos a ERTEs como consecuencia da pandemia do coronavirus. En total, foron 86.773 as persoas perceptoras das prestacións dos ERTEs entre os meses de marzo e decembro.

Tras o encontro, López-Rioboo lembrou que, entre as medidas urxentes adoptadas en marzo do ano pasado para dar cobertura ás persoas afectadas, acordouse a modificación das condicións para o acceso á prestación por desemprego das persoas en situación de ERTE, recoñecendo o dereito á prestación mesmo sen ter o período mínimo cotizado ou o feito de que non se compute o tempo a efectos de consumir os períodos de percepción establecidos.

Por outra banda, en 2020, tramitáronse 234.879 expedientes na provincia e a Oficina Virtual do SEPE (RATEL) atendeu 67.414 chamadas. A data de 15 de febreiro o número de persoas acollidas a ERTE na provincia da Coruña era de 19.733, o que supón un importe neto en nóminas mensuais a abonar polo SEPE de 8,4 millóns de euros.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo reúnese co director provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Carlos do Canto. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo reúnese co director provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Carlos do Canto. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta