Un 8M 'pola convivencia dos sexos' e adaptado á Covid en Allariz

As XVII Xornadas para a Igualdade do Concello de Allariz celebraranse do 8 ao 20 de marzo. A edición deste ano, baixo o lema "Pola convivencia dos sexos, o encontro enriquécenos", estará dedicada a reflexionar sobre a idea de como imos sendo coas circunstancias que imos tendo.

Por X.M. Fernández | Allariz | 27/02/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Área de Benestar Social organiza esta décimo sétima edición adaptada a situación sanitaria. Na presentación, Maribel Poisa e Ana Cardoso, Concelleira de Benestar Social e Técnica de Igualdade respectivamente, deron conta das novidades da programación deste ano.

Presentación das XVII Xornadas para a Igualdade. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Presentación das XVII Xornadas para a Igualdade. Foto: Prensa Concello de Allariz.

Tendo en conta as dificultades para organizar calquera programación coas medidas que van e veñen derivadas da Covid-19, optan por actividades enfocadas a grupos pequenos con actividades ao aire libre.Tamén pensaron na edición dun folleto en papel para chegar dalgunha maneira á mocidade, ao público infantil, ás Doulas Dororas e á mesa de coordinación contra as violencias senón a toda a poboación.  

O día 8 de marzo, coa lectura do manifesto e a actuación de Nuria Sotelo e Mounqup, darán comezo  as actividades programadas para esta edición de 2021. Tamén se realizará formación a través da Plataforma para a Convivencia recentemente creada.

Completarase esta programación con varios obradoiros, unha xornada formativa para profesionais do eido socio educativo, un contacontos e dous programas de radio os días 9 e 16 de marzo, de 11:30 ás 13:00h. co  programa “feminismo para principiantes” que serán emitidos en Radio Allariz 107.2FM.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta