A Xunta desenténdese do sector marisqueiro da Ría do Burgo e esixe que sexa o Goberno quen o indemnice

Quintana cre "lóxico" que sexa o Executivo o que pague as compensacións.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/03/2021 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reclamou que o Goberno central indemnice aos mariscadores da Ría do Burgo mentres dure a obra de dragado da zona e cualificou o debate sobre que administración debe pagar as compensacións de "absurdo".

"Quen fai unha obra, quen é o promotor, é o que debe facer as indemnizacións correspondentes; sempre foi así", apuntou en declaracións aos medios na Coruña. Quintana considera "lóxico" que a administración que realiza o proxecto sexa o que compense aos afectados.

A responsable autonómica afirmou que a Xunta sempre foi "leal e construtiva" co Executivo estatal e lembrou que propuxo crear un fondo para estas indemnizacións ao que achegaría 100.000 euros. Coas doazóns doutros concellos e o 50% a cargo do Estado, dixo, resultaría un montante "dun millón de euros para o sector".

Quintana reprochou ao Goberno que se incrementase en dous millóns de euros o proxecto para "mellorar paseos e zonas verdes" dos municipios limítrofes e non se faga para os mariscadores. "Se había para indemnizar a eses Concellos, moito máis ten que habela para indemnizar aos profesionais que non van poder desenvolver a súa actividade mentres duren as obras de acondicionamento", censurou.

Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta