Navantia presenta a última parte da Revisión Preliminar de Deseño para as fragatas F110

Navantia asegura que desta maneira "cumpre os prazos da orde de execución e cumpre tamén estritamente o plan para a Revisión Preliminar de Deseño que estableceu en xuño de 2020". A seguinte fase será a enxeñaría construtiva ou de detalle.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 02/03/2021 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia presentou o terceiro e último lote da documentación asociada á Revisión Preliminar de Deseño (PDR) das futuras fragatas F110, que se celebrará no mes de maio.

Os documentos foron enviados á Oficina do Programa F110 de Adquisicións de Armamento e Material (DGAM) do Ministerio de Defensa, tras ser visados pola sociedade de clasificación Bureau Veritas, que tamén validou as anteriores entregas, que se produciron en novembro e decembro.

A través dun comunicado, Navantia asegura que desta maneira "cumpre os prazos da orde de execución e cumpre tamén estritamente o plan para a Revisión Preliminar de Deseño que estableceu en xuño de 2020. A seguinte fase será a enxeñaría construtiva ou de detalle.

As cinco fragatas F110 previstas para a súa construción nos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol están chamadas a substituír ás fragatas F-80, coñecidas popularmente como clase Santa María.

Esta implicaría un salto tecnolóxico nos sistemas de plataforma e de combate, ademais de incorporar no seu deseño tecnoloxías da Industria 4.0 que mellorarán a xestión dos sistemas durante todo o seu ciclo de vida. As F110 serán os primeiros buques da Armada que terán un xemelgo dixital que optimizará a xestión dos procesos loxísticos durante toda a fase de servizo dos buques.

Recreación virtual dunha fragata.
Recreación virtual dunha fragata.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta