Con saias e zapatos de charol camiñando por Ponte Arnelas

Toda a cúpula do PP fixo unha excursión de 800 metros rodeados de xornalistas e fotógrafos. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Ribadumia | 23/08/2013 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

"Eres un valiente", "vas muy 'fashion'" ou "que río más limpio" foron algúns dos comentarios realizados polos dirixentes do PPdeG que este venres acudiron a Ribadumia, onde veranea o presidente español, Mariano Rajoy, por un minipaseo de 800 metros pola beira do río Arnelas.

Xunto a Rajoy estivo o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo; así como a ministra de Fomento, Ana Pastor, ou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

Na comitiva tamén estiveron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o titular de Educación, Jesús Vázquez; a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rei Varela; o alcalde da Coruña, Carlos Negreira; e o senador Enrique López Veiga; o deputado Telmo Martín, e a parlamentaria autonómica Marta Rodríguez Arias, entre outros.

Roupa "fashion"

Todos eles estaban atabiados con roupa de rúa, foulard, saias, vestidos curtos, pantalóns de pinza ou zapatos de charol nun camiño rural que cruza unha fermosa ponte medieval.

En todo momento da ruta estiveron acompañados por un nutrido grupo de xornalistas, cámaras e reporteiros gráficos. Algún deles mesmo se meteu na auga para captar imaxes da comitiva. Un xesto "gracioso" para algúns dirixentes populares. "Mira que aguas limpias", díxolle o presidente da Deputación ao chegar ao momento final do percorrido ao conselleiro de Medio Ambiente tras olar para o fotógrafo.

Outros, como o conselleiro de Educación, comentaban que alguén se fixara no seu "look fashion", mentres a ministra de Fomento chamaba "valiente" a algún dos fotógrafos que se metera no río.

Toda a cúpula do PPdeG volverá a coincidir o domingo 1 de setembro, na inauguración do curso político no castelo de Soutomaior, en Pontevedra, cun acto multitudinario. Este lugar foi elixido o presidente do PP nos últimos anos para dar o seu mitin de apertura de curso.

Rajoy, Feijóo, Ana Pastor e outros dirixentes populares, de paseo por Ponte Arnelas, en Ribadumia
Rajoy, Feijóo, Ana Pastor e outros dirixentes populares, de paseo por Ponte Arnelas, en Ribadumia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Leike

Todos eles son moi valentes! Mentres Galiza arde estes caralavadas convocan aos medios para que se pasmen co seu pase de modelos. Agora xa non se leva a moda "Feijóo mangueritas" senón a "Opusdei zapatitos de charol" ("Los niños con los niños, las niñas con las niñas y los de la aldea que se jodan si hay fuego")

1 DigoEu

Mesmamente. Mentres os parvos lles voten...