Máis de dous mil profesionais de Atención Primaria realizarán un curso de vacinación anti-COVID esta semana

Diso informou este luns a Consellería de Sanidade, que apunta ao "previsible incremento" do número de vacinas que recibirá Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Os case 2.700 profesionais da categoría de atención primaria do Servizo Galego de Saúde inician este martes 9 de marzo un novo curso de formación sobre vacinación contra a covid-19.

O obxectivo destas actividades formativas, que se desenvolverán os días 9, 10 e 11 de marzo, é coñecer as características das vacinas, a súa loxística e as "especificidades" na súa administración.

Diso informou este luns a Consellería de Sanidade, que apunta ao "previsible incremento" do número que recibirá Galicia como motivo para formar ao persoal de atención primaria en aras de que poidan sumarse ás 200 enfermeiras encargadas do proceso de vacinación en toda Galicia.

Así as cousas, durante o tres días de curso, os 2.700 profesionais desta categoría poderán acceder ao ciclo a través da aula virtual de Axencia de Coñecemento da Saúde (ACIS). Alí poderán completar o ciclo de autoformación, para o que disporán de dúas horas dentro do seu horario laboral para acceder á plataforma. Unha vez superado, recibirán un certificado de superación do curso.

Así mesmo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, valorou a "entrega sen límites" do persoal sanitario e non sanitario do Sergas, aos que agradeceu a súa "experiencia, valía profesional e implicación".

Vacinación en Santiago de Compostela / Europa Press. / Europa Press
Vacinación en Santiago de Compostela / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta