Dous novos positivos deixan un total de 19 afectados por COVID en residencias

Detectouse un positivo na Residencia Coviastec de Silleda, que entra así na lista de centros con contaxios, e outro na Santa Mariña de Xinzo de Limia, que ten un brote activo cunha decena de casos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en residencias de maiores en Galicia descenderon a 19 --deles 18 entre usuarios e un traballador--, tras rexistrarse dous contaxios e cinco altas.

Segundo os datos actualizados este xoves polas consellerías de Política Social e Sanidade, quedan 18 usuarios contaxiados, tres menos que a xornada anterior, tras cinco altas por negativizar e dous novos positivos rexistrados.

En concreto, detectouse un positivo na Residencia Coviastec de Silleda (Pontevedra), que entra así na lista de centros con contaxios, e outro na Santa Mariña de Xinzo de Limia (Ourense), que ten un brote activo cunha decena de casos.

Pola súa banda, saen da lista por negativizar dous usuarios da Residencia Milagrosa da Coruña --que queda libre de contaxios--; dous da DomusVi Laraxe de Cabanas e un da Santa Mariña de Xinzo de Limia.

Deste xeito, a Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia conta con 10 casos de Covid entre os seus usuarios --dun brote activo--; a DomusVi Laraxe de Cabanas concentra tres contaxios; A miña Casa Ferrol, outro tres; a Residencia Coviastec de Silleda, un; e o Fogar Residencial Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas, outro.En canto aos traballadores con Covid-19 destes centros de maiores na Comunidade galega, mantense un único caso na Residencia de Maiores de Caranza.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Pola súa banda, os centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Galicia xa non rexistran contagios deste coronavirus nin en usuarios nin traballadores tras saír da lista por negativizar o último que quedaba.

En concreto, trátase do único usuario que constaba como contaxiado ata a xornada anterior na Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos.

Un traballador sanitario totalmente protexido acode nunha ambulancia á residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido acode nunha ambulancia á residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta