Detectan 23 positivos asintomáticos nun cribado a un colexio de Ferrol

Hai xa 4 aulas pechadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Un cribado levado a cabo pola Consellería de Sanidade no colexio Tirso de Molina de Ferrol destapou 23 casos positivos en covid-19, todos eles asintomáticos. As probas iniciáronse o xoves, 10 de marzo, e finalizarán este venres, 11 de marzo, cando se completará o diagnóstico de 390 estudantes e profesores.

Fonte consultadas por Europa Press aseguran que todos os positivos detectados son asintomáticos e entre eles non está afectado ningún profesor. Esta situación derivou no peche de catro aulas deste centro educativo privado situado no barrio da Magdalena, na rúa Arce, onde se imparten ensinos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña
Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta