Soben, tras varios días de descenso, os casos activos nos centros educativos de Galicia

O PAI de Tordoia tamén segue como o único centro pechado en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Os casos activos de covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- romperon a tendencia descendente e experimentaron un leve incremento de 8 casos --ao pasar de 457 a 465, o que implica oito máis que a xornada anterior, mentres que as aulas clausuradas seguen en 22.

Segundo os datos actualizados este venres pola Xunta, a Escola Infantil PAI de Tordoia (A Coruña), situada na área sanitaria de Santiago, segue como único centro pechado na Comunidade galega por mor dun positivo no mesmo.

Por áreas sanitarias, a da Coruña concentra o maior número de casos de covid en centros en Galicia, con 181, cinco máis que este xoves, e mantén oito aulas pechadas. Séguelle a área sanitaria de Vigo con 84 casos --catro máis-- e con cinco aulas pechadas; mentres que na de Pontevedra soben a 46 os casos activos --un máis-- e mantense pechada unha aula.

En canto á de Ferrol, soben a 68 os casos activos --tres máis--, dous dos casos que soben rexístranse no CPR Tirso de Molina de Ferrol, que ten 38 positivos, e mantense como o centro coa maior cifra de Galicia tras un cribado realizado entre alumnos e profesores asintomáticos. Tamén na área ferrolá mantéñense cinco aulas pechadas --sen cambios--, catro delas no CPR Tirso de Molina de Ferrol, segundo os últimos datos actualizados este xoves.

PAI PECHADO

Na de Santiago baixan a 32 os casos activos --tres menos-- e conta cunha aula inoperativa. Ademais, segue como a única área de Galicia cun centro pechado --a Escola Infantil PAI de Tordoia--.

Finalmente, a área lucense concentra 33 casos e unha aula pechada, mentres que na de Ourense os positivos baixan de 22 a 21, e segue unha aula pechada.

Arquivo - Medidas 'anticovid' nun centro. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Medidas 'anticovid' nun centro. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta