O Dígocho Eu recibe un premio pola súa contribución á autoestima dos galegofalantes

A CTNL aplaude o papel do que considera "o fenómeno mediático do ano 2020".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización Lingüística (CTNL) vén de anunciar os premios dos Premios Mil Primaveras, un certame que recoñece as iniciativa a prol do emprego, posta en valor e difusión da lingua galega en distintos aspectos e soportes. A segunda edición dos premios, aos que concorreron un total de 37 iniciativas, vén de se saldar con 6 triunfadores, entre os cales había un a agardar: o Dígocho Eu.

Esther Estévez, creadora do fenómeno 'Dígocho Eu'
Esther Estévez, creadora do fenómeno 'Dígocho Eu' | Fonte: CRTVG

 

O obxectivo dos Premios Mil Primaveras pasa por facer fincapé naqueles proxectos que insistan na “posta en valor e fomento do galego”, e, en particular, deses que inciden na “autoestima dos e das falantes, na reflexión sobre o uso da lingua e nos hábitos lingüísticos”. Para garantir a apertura do certame outorgan ata 6 premios distintos.

 

Entre estes atópanse os galardóns para o mellor proxecto estabilizado --que se leva desenvolvendo polo menos cinco anos--, mellor proxecto novo ou de mellor comunicación e impacto. E foi neste caso que saíu premiado o Dígocho Eu da xornalista Esther Estévez, que dende a propia Coordinadora tratan como “o fenómeno mediático do ano 2020” pola súa “gran proxección social”. 

 

UN PROXECTO "MOTIVADOR"

 

Por esta razón o xurado “destacou a súa frescura e influencia no conxunto da cidadanía”. Outras cuestións positivas a ter en conta foron a súa efectividade e utilidade práctica e “que resulta motivadora para as persoas destinatarias”, sobre todo pola regularidade das súas emisións. A xornalista da CRTVG comparte así podium co proxecto Enreguéifate e Regueifesta, Galeguiza-T, o Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega, o Projeto Educativo Semente ou as Galegoempresas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta