Unha funcionaria de Barreiros enfróntase a 3 anos de cárcere por cambiar unha licenza para beneficiar a unha coñecida

Deberá facer fronte a unha acusación por un delito de falsidade en documento público.

Por E.P. | Lugo | 27/03/2021 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Unha funcionaria do Concello de Barreiros (Lugo) enfróntase a unha petición de tres anos de cárcere e outros tres de inhabilitación para desempeño de cargo público por supostamente modificar unha solicitude dunha licenza administrativa para beneficiar a unha coñecida.

Audiencia Provincial de Lugo
Audiencia Provincial de Lugo | Fonte: Google Maps.

A vista por este caso, que se remonta ao ano 2006, arrincará o vindeiro luns na Audiencia Provincial de Lugo, onde esta traballadora deberá facer fronte a unha acusación por un delito de falsidade en documento público.

O Ministerio Fiscal sostén no seu escrito de acusación que a procesada, que no verán de 2006 desempeñaba funcións de auxiliar administrativo no concello de Barreiros, modificou unha solicitude de licenza presentada por unha coñecida.

A acuasada, segundo Fiscalía, realizou "da súa propia man" engadidos á solicitude orixinal unha vez que xa fora recibida no rexistro municipal. Todo iso co ánimo de beneficiar a esta persoa, polo que considera que a funcionaria cometeu un delito de falsidade en documento público.

Por este motivo, solicita tres anos de prisión e outro tres de inhabilitación para cargo público, así como unha multa de máis de 2.500 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta