Por gcdeportes | Ourense | 23/09/2013 | Actualizada ás 11:37
Ficha técnica
Ourense: Pato, Yosu, Pinillos, Portela, Capi, Yebra, Iker Alegre (Noguerol, 76'), Alex, Oscar Martínez, Javi Hernández (Adrián Cruz, 50') e Borja Valle (Juan Martínez, 90').
Real Oviedo: Orlando, David Alba, Sergio Rodríguez (Annunziata, 79') , Pardo, Jon Erice, Susaeta (Sergio García 48'), Héctor, Diego Cerveró, Josep Señé (Salva Rivas, 53') e Eneko.
Goles: 1-0: Borja Valle (min. 4). 1-1: Eneko (min. 26). 2-1: Iker Alegre (min. 64).
Árbitro: Villoria Linacero (madrileño). Amarelas a Yosu 11' e Portela (55') polo Ourense; e Pardo (21') e David Alba (39') polo Oviedo. Expulsou ao ovetense Salva Rivas por dobre tarxeta no 85'.
Incidencias: quinta xornada no Estadio do Couto, con preto de 35 grados. O Ourense estreou o patrocinio de Coren nas camisetas.
Nada máis principiar, o partido púxose de cara para o Ourense, cando no minuto 4 Borja Valle (autor dos dous goles hai oito días fronte ao Sporting B) meteu o 1-0. Aos visitantes non lles quedou outra que botarse arriba a polo gol. Chegou no 26, tras un erro no despexe do meta local Pato. Eneko marcou de disparo raso dentro da área. Os visitantes dominaban pero as mellores ocasións eran para o Ourense, en remates claros coa testa (Borja Valle, no 31) e outro co pé do devandito dianteiro, que detivo o meta Orlando con moita sorte. Co 1-1 chegouse ao tempo de lecer.
Coa reanudación non mudaron moito as cousas. O Ourense creba perigo con balóns longos e o 2-1, que logo sería definitivo, chegou no minuto 63: o ex-ovetense Iker Alegre marcou dun disparo cruzado. Outra volta o Oviedo tiña que botarse adiante. Os visitantes buscaban o empate, e Eneko disparou ao pau no minuto 76. No tramo final, o banco vermello recibiu un cartón amarelo por protestar un fóra de xogo pitado polo árbitro a Óscar Martínez.
Deste xeito, o Oviedo, que xogou dez minutos con dez pola expulsión de Salva Ribas, sofre a primeira derrota da Liga e queda con 10 puntos. O Ourense achégase á parte alta da táboa grazas a tres vitorias (9 puntos) en cinco xornadas.
Ou outros dous equipos galegos da Segunda B, Racing de Ferrol e Celta B, perderon nas súas saídas. Os ferroláns co Marino de Luanco 1-0 e o filial do Celta, 4-0 en Avilés. Os vigueses encaixaron os primeiros goles da tempada e sufriron a primeira derropta, polo que perden o liderado, que pasa ao Zamora, vindeiro rival do Compos en San Lázaro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.