Yolanda Díaz anuncia que os ERTE continuarán despois do 31 de maio

Seguirán unha fórmula "similar" á actual.

Por E.P. | MADRID | 08/04/2021 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A vicepresidenta terceira e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou este xoves que os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) continuarán a partir do 31 de maio "nunha fórmula similar á actual". Así o sinalou a titular de Traballo na clausura dos VII Premios Cepyme, onde apuntou que "en breve" se abrirá a negociación no seo da comisión tripartita.

"Os asalariados de pemes foron os principais beneficiarios dos ERTE, un mecanismo contrastado na súa utilidade e que debe seguir exercendo a súa protección", apostilou Díaz. A ministra resaltou que un dos grandes logros dos ERTE foi que as pequenas e medianas empresas e os autónomos puidesen acollerse, por vez primeira, "a este sistema de protección do emprego e das empresas, democratizando un mecanismo que ata agora se reservou ás grandes empresas".

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.. MINISTERIO DE TRABALLO
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.. MINISTERIO DE TRABALLO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta