As axudas para a promoción do galego nos concellos aumentan un 40%

Poden solicitarse desde este sábado e ata o próximo 10 de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2021 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

As axudas autónomicas para o desenvolvemento de actividades de promoción do galego nos concellos incrementan o seu presupesto este ano un 40% ata alcanzar os 350.000 euros. Así figura na convocatoria publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) para uns apoios económicos que os municipios de máis de 3.000 habitantes poden solicitar desde este sábado ata o próximo 10 de maio.

Estas axudas están orientadas a sufragar os custos da "creación, reforzo e mantemento de unidades téncias especializadas" en lingua galega, ademais da organización de actividades específicas de dinamización lingüística. Segundo destaca a Xunta nun comunicado, a convocatoria deste ano pretende alcanzar como "eixos estratéxicos" ámbitos como o deporte, a mocidade, as novas tecnoloxías, o tecido empresarial, a igualdade e a perspectiva de xénero.

Estas axudas, que poden dar cobertura a actividades realizadas entre xaneiro e outubro deste ano, encádranse nas accións de promoción do uso do galego desde o ámbito local que contempla a programación da Consellería de Cultura.

Unha aula onde se imparte matemáticas en lingua galega
Unha aula onde se imparte matemáticas en lingua galega | Fonte: XdM galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

É uma ideia muito boa, a questão é qual é a função das “unidades técnicas especializadas” e quais são os resultados que se aguardam? Podemos pensar que aguardamos que a número de pessoas galego falantes nos menores de 15 anos aumente (hoje está no 26%) em um período de uns poucos anos? Porque parece-me que continuar com as políticas dos últimos quarenta anos trairá como consequência que se mantenha a tendência que leva a desaparição da língua!