Case o 90% dos galegos de 75 a 79 anos citados este venres acudiron vacinarse

O Sergas prevé inocular a máis de 52.000 persoas ao longo deste fin de semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2021 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O 88,51% das persoas entre 75 e 79 anos que foron citadas este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) acudiu vacinarse, segundo cifras feitas públicas este sábado pola Consellería de Sanidade. En concreto, asistiron 29.145 galegos do total de 32.930 que estaban chamados para recibir as doses de Pfizer-BioNTech nos recintos de vacinación masiva en toda Galicia.

O Sergas prevé vacinar a máis de 52.000 persoas ao longo deste fin de semana nas sete áreas sanitarias. A previsión é administrar unhas 27.000 doses de Pfizer para maiores de 80 anos e para o colectivo 79-75 (cuxa vacinación se iniciou este xoves), máis outras 25.000 de AstraZeneca para o colectivo de maiores de 60.

Fila de pacientes que esperan sentados tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Hoxe comezou a vacinación na área Sanitaria de Ourense dos usuarios d. Rosa Veiga - Europa Press
Fila de pacientes que esperan sentados tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021, en Ourense, Galicia (España). Hoxe comezou a vacinación na área Sanitaria de Ourense dos usuarios d. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta