Pontón sinala que Ábalos "asume as discriminacións con Galicia" cando di estar "cómodo" con Feijóo

A portavoz nacional do BNG tamén censurou que Feijóo diga "que si" a este atraso ou a que o Estado obrigue a Galicia "a pagar" a débeda do porto da Coruña mentres "condona" a do de Valencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "lóxico" que o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, diga estar "cómodo" co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, pois, ao seu xuízo, o mandatario autonómico "asume as discriminacións con Galicia" desde a Administración central.

Nunha rolda de prensa este luns, a líder frontista referiuse a a reunión entre Feijóo e Ábalos do pasado venres, da que saíu o compromiso a aplicar a partir de xullo o paquete de bonificacións ás peaxes na AP-9 que contan cun orzamento de 50 millóns de euros no PGE deste ano.

"Se hoxe se fala de rebaixas nas peaxes é grazas a que o BNG aproveitou que o seu voto era decisivo para chegar a un acordo co PSOE para conseguilo", aseverou Pontón en referencia ao acordo polo que a formación frontista apoiou a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno a comezos de 2020.

Con todo, censurou que "haxa que esperar a xullo" para que se fagan efectivas, o que, ao seu xuízo, demostra o "cómodo" que é para o Goberno central a posición exercida polo executivo que preside Núñez Feijóo, ao que insta a "defender os intereses" de Galicia porque "para iso lle pagan os galegos".

Ademais, tamén censurou que Feijóo diga "que si" a este atraso ou a que o Estado obrigue a Galicia "a pagar" a débeda do porto da Coruña mentres "condona" a do de Valencia. "É normal que (Ábalos) estea cómodo, pero os galegos e as galegas non lle pagan (a Feijóo) por facerlle a vida cómoda ao ministro senón para que defenda os seus intereses, pero vemos un presidente dimitindo da defenda do país", remarcou Pontón.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta